O TSXG declarou o ERE de Citroën impugnado xudicialmente pola CUT "axustado a dereito". Este é o punto de partida. Un pronunciamento contrario aos dereitos das traballadores e traballadoras bastante habitual (máis aínda na grande empresa), ou en palabras Vítor Mariño, responsábel da CUT Citroën "cumpriuse o programa". "Era difícil que David vencese a Goliat".

Ata aquí nada sorprendente. Pero un fallo xudicial que debera ser acollido con preocupación ou, cando menos, con decoro pola representación sindical foi celebrado publicamente polos sindicatos corporativos. Mentres en CCOO se mostraban "satisfeitos cunha sentenza contundente", UGT chegaba a calificar o exame xudicial do ERE que suspendeu a súa execución como "unha perda de tempo, que impediu executar a saída dos traballadores" da empresa.

Dalgunha maneira Citroën representa unha síntese da loita de clases en Galiza. CCOO e UGT preocúpanse abertamente da execución de medidas agresivas aos dereitos do cadro de persoal, en sintonía absoluta coa linguaxe e o discurso empresarial, e a CUT representa o Grande Mal. Isto último deixábao claro un cronista calquera, inepto como o que máis, a toda páxina no Faro de Vigo. Despois de celebrar as vontades da grande industria do automóbil aseveraba "la única sombra la proyecta la CUT que más que colaborar parece boicotear los proyectos de futuro".

Parece pois que coa irrupción da CUT en Citroën deviu a Apocalipso Zombie. Benvida sexa, se serve para salvarnos da súa vida de escravitude asalariada e entrega sindical.




PSA y sindicatos, satisfechos por la sentencia del ERE, que CUT valora recurrir

La dirección de la planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo y los sindicatos demandados por la CUT tras la firma en marzo del acuerdo de medidas que incluye un Expediente de Regulación de Empleo (ERE) extintivo y dos temporales, han trasladado su satisfacción por la sentencia que desestima la demanda y que sostiene que el ERE "se ajusta a derecho". No obstante, la CUT, que ha considerado que esta resolución de la Sala de lo Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e ...

Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/noticia-psa-sindicatos-satisfechos-sentencia-ere-cut-valora-recurrir-20160721204459.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.


PSA y sindicatos, satisfechos por la sentencia del ERE, que CUT valora recurrir

La dirección de la planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo y los sindicatos demandados por la CUT tras la firma en marzo del acuerdo de medidas que incluye un Expediente de Regulación de Empleo (ERE) extintivo y dos temporales, han trasladado su satisfacción por la sentencia que desestima la demanda y que sostiene que el ERE "se ajusta a derecho". No obstante, la CUT, que ha considerado que esta resolución de la Sala de lo Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e ...

Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/noticia-psa-sindicatos-satisfechos-sentencia-ere-cut-valora-recurrir-20160721204459.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.

Actualidade - Prensa

Poucas veces vemos tan claro os froitos da mobilización. Se hai máis dun ano nos mobilizabamos contra dous despedimentos nos Burger King de Compostela, hoxe certificouse o camiño do avance para as traballadoras e traballadores desta multinacional. O local do Centro Comercial das Cancelas celebrou eleccións sindicais esta mañá nas que resultou eleita unha delegada da CUT, con 13 votos, fronte aos 8 votos que obtivo o encargado xeral e xerente que se presentaba tamén a representante sindical.

Con esta vitoria, os dous establecementos abertos desta cadea en Compostela teñen representación sindical da CUT, cun programa de recuperación dos dereitos laborais e do terreo perdido. Esta éxito servirá para comezar un camiño parello ao outro centro, no que xa se aplica na súa integridade o Convenio Colectivo, se pagan complementos até o daquela inexistentes como a nocturnidade e se está a confeccionar un calendario anual de traballo, con quendas e xornadas estipuladas.

Non hai superficie, por moi grande que sexa, que se resista á unión do Traballo. Unidas vencemos e unidas avanzamos.

Actualidade - Prensa

O Secretariado Nacional (SN) da CUT, máximo órgano do sindicato, xuntouse esta semana en sesión ordinaria para avaliar o 1º de maio. A celebración desta data, supón un orgullo para a CUT, que se sinte herdeira das loitas de Chicago xa non contra a patronal, senón contra a propia existencia dun sistema criminal (o Capitalismo) que inviabiliza que a clase traballadora poidamos vivir unha vida digna e en liberdade.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

A CUT Compostela adhire este primeiro de maio á mobilización social que se promove na cidade, ás 19 horas dende a Porta do Camiño, detrás da que están unha morea de axentes sindicais, sociais e persoas individuais que decidir dar un paso na dirección da xenerosidade: a confección dunha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Sen protagonismos. Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

No mes de febreiro concentrámonos pola readmisión da compañeira Paloma, traballadora da empresa INSA Ingeniería de Software Avanzado. Cando no mes de novembro de 2015 a CUT creaba e lle comunicaba á empresa a súa Sección Sindical a resposta anormal da mercantil foi cambiar a negociación polo silencio e despedir fulminantemente á compañeira afiliada, debido á súa situación de maior febleza ao estar contratada en prácticas.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

  A CUT apoia este fin de semana as manifestacións que en diferentes vilas galegas terán lugar arredor do Día Mundial das persoas refuxiadas e aproveita pra animar a dar continuidade ao activismo en apoio dunha viraxe profunda das políticas migratorias.

Non é necesario dicir que todas as persoas temos o dereito de procurar unha vida digna e segura e que, fronte a iso, é reaccionario construír unha infraestrutura militar de protección. Se, ademais, quen a constrúe ten responsabilidade nos conflitos bélicos ou na desigualdade que se atopa en orixe, a regresión alcanza a ignominia.

Unha ignominia, unha vergonza e unha agresión racista non é se non o conxunto da lóxica de control de fluxos migratorios da UE. "Unha sinistra infraestrutura de vixilancia, disuasión, control, intimidación e violencia", como di o manifesto da Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas. A xestión da crise das refuxiadas co acordo UE-Turquía é só unha das súas últimas consecuencias.

Fronte a isto, desde a nosa central sindical, chamamos ás traballadoras e traballadores a amosar a súa solidariedade coas refuxiadas. Unha solidariedade que, para nós, non será nunca caritativa, nin susceptible de ser instrumentalizada por cotas de acollida e propaganda institucional, senón de clase, rebelde até o abatemento desta UE que, a cada golpe, dá máis poder ás oligarquías capitalistas en prexuízo das vidas do resto.

Movementos sociais - Migracións

Este 17 de maio a cidade de Vigo acollerá un xantar e unha festa de confraternización da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) con diferentes actividades en defensa da lingua. Das máis cativas aos maiores, recitais de poesía e concertos serán a tónica desta xornada que ás 12 horas da mañá comezará en Valadares, no Baile Vello.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

O 1º de maio é tamén múltiple. Non é só que en todo mundo se celebraran diversas marchas do proletariado por un futuro mellor, senón que dentro do noso propio país foron moitas as mobilización e moitas as voces que as impulsaron, baixo un obxecto común: a denuncia da Europa da barbarie e dos mandatos ilexítimos da troika. A denuncia, en suma, dun sistema organizado para o crime e a masacre.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

Este primeiro de maio o tema que nos preocupa a todas espallará moitas voces polo país adiante. A CUT convoca as seguintes mobilizacións pola nosa xeografía, ao berro de Contra a Europa do Capital, unidade obreira e popular:

Ler máis...

Actualidade - Prensa

A sección sindical da CUT da CRTVG estivo a facer ao longo da pasada conferencia nacional da CUT unha intensa laboura de comunicación para retratar o foro de debate en vídeo. Deste encontro que transcorreu en Vite, Compostela, baixo a lenda "Sindicalismo en Movemento", fican moitas preguntas e estas imaxes: https://youtu.be/x_w1ka1yqXQ

Actualidade - Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 85

Inicio
Anterior
1